As reaccións ós piropos
¿ Como reaccionan as mulleres ante os piropos dos obreiros? A pregunta parece de sinxela resposta, pero as reaccións son múltiples. Calquera resposta que me aventure a enunciar seria unha mera hipótese, posto que eu como home non recibín ningún piropo por parte dun obreiro (non quere dicir que non os recibese nunca). Por iso, a miña opinión quizais non sexa valida, xa que carezco de experiencia no tema. Supoño que a reacción normal e lóxica por outro lado, sería a de enoxación por parte da muller, xa que está a ser degradada como ser humano, pero, pode resultar o lado contrario; o insulto sexa de semellante orixinalidade (que sexan denigrantes para a muller, non quere dicir que non sexan orixinais), que á muller lle faga mesmo graza. No último capítulo de Mis adorables veciños (série de Antena 3 da cal non son espectador habitual, pero xa se sabe, o zapping está de moda e poñen poucos programas que sexan realmente interesantes na televisión), un obreiro, que era interpretado polo actor e cómico Miki Nadal, piropeaba a Paz Padilla (actriz protagonista da série), empregando varias frases das que enumerei en artigos anteriores. Establecendo esta relación, vemos que para os obreiros non hai discriminación: tódalas mulleres son fermosas, todas sofren sendo piropeadas (iso si, unhas mais que outras)...
Por certo, gustaríame incluir as dúas novas frases aportadas pola miña compañeira Rebeca, moitas grazas:
1. Estás tan boa que che comeria a regra a culleradas (deste non me lembraba, e iso que llo dixeran a unha amiga miña, e eu estaba presente)
2. Gustaríame ser mariachi para tocarche a cucaracha (Este era totalmente descoñecido)
Supoño que os culpables deste tipo de situacións tampouco non son os propios obreiros: como dixo Larinha nun intelixente comentário no blog: "Os obreiros non fan máis a responder a un esquema sosial". Que razón tes (grazas polo comentário). Agora, gustaríame saber cales son as vosas opinións rapaces. Seria interesante aprender un pouco deste tema (ainda que semelle que non hai nada que quitar en claro).
Por último, agradecer a David, un dos meus mellores amigos e compañeiros (non só do web blog) que me aportara esta idea para un artigo, que espero teña tanto éxito. De paso, anunciar un pouquiño o seu web blog: Dende Muros para ou Mundo

0 comentarios